home
archive · forum   
themes literature agenda archive anthology calendar links profile


other language  Sobor do comentario:

Eugenio Álvarez Soto: emaileugnostos@terra.es, 27.06.2001, 00:04
Original: other language  andar21: revista galega de poesía internacional (Julio Dinis), 26.06.2001, 14:21




Ben, aproveitemos (xa que eiquí non dou falado en castelán con ninguén). Pois a propósito do tema eu diría:

¿E cal é esa diferencia entre a mente humana que pensa na realidade e aquel mesmo pensamento devolto a natureza cando o poñemos sobre as liñas dun libro de papel, de madeira natural?

Quero decir: ¿No e o revés? ¿Non e a natureza a interpretación seguinte despois do meu pensamento que creu e creou ese “ir despois” da natureza?

Eso que chamo natureza é pensamento primeiro dela hacia ela ¿ou son alieníxena?

Ou ben pode que natureza e realidade  sexan pensamento terceiro escrito nun libro, e xa non sei, pois o asunto asemella... ecoloxía.

Porque ¿ae cifra? ¿ou e todo desciframento? ¿E quén é ese astronauta que viaxou desde este “eiquí” noso hacia aquel “máis alá” tan natural? E voltou..

Despois chegaremos a pensar que o chip de silicio e lo libro dixital e o bit non son natural primeiro, sino máis ben un viaxe segundo da natureza sobre sí, e voltaremos a Platón vía epiciclos dos astrólogos (que tamén pensaban que as estrelas eran outro libro, da natureza humana).

En canto a eso de “constituir un mundo paralelo”, paréceme que sin libro, e sin min, e sin chip, non ae natureza non paralela; pois non ae ollos, nin mans.

E de certo que, ás veces, a hermenéutica semella necesidade de sí mesma.

Foi un pracer. Un saudo.